Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o II Campus Da Fundación Celta De Vigo En Tui

9/06/2016

Mañá venres, 10 de xuño, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, realizarase a presentación do II Campus da Fundación Celta de Vigo en Tui, que se desenvolverá a principios do mes de xullo, nas instalacións deportivas municipais “Álvarez Durán” do concello.

 


Neste acto estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, o concelleiro de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o presidente do Tyde F.C., Elias Vieiro, así como o director da Fundación Celta de Vigo, Germán Arteta e o responsable das escolas do Celta en Galicia, Diego García.