Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o I Campionato Galego Integrador de Slalom de Motonáutica Adaptado que se celebrará no río Miño o sábado 18

16/06/2016


Mañá venres, 17 de xuño, ás 10h, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do I Campionato Galego Integrador de Slalom de Motonáutica Adaptado, que o Club Sen Amarras organizará, coa colaboración do Concello de Tui e a Federación Galega de Motonáutica, este sábado 18 de xuño, dende as 16.00 horas, no río Miño.


Á presentación asistirá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo, Laureano Alonso, a concelleira de Urbanismo e Facenda, María Yolanda Rodríguez, o concelleiro de Persoal, Seguridade e Mercados, José Ramón Magán, a concelleira de Patrimonio, Carmen Núñez, o concelleiro de Medio Ambiente, Medio Rural, Recollida de Lixo, Limpeza Viaria e Participación Cidadá, José Martínez, o concelleiro da Eurocidade, Relacións Supramunicipais e Comercio, Miguel Ángel Capón, a concelleira de Ensino e Cultura, María José González, así como a presidenta do Club Sen Amarras, Susana María Costa, os vocais do club, Marcos Casaleiro e Pedro Gonzalo Nunes e o presidente da Federación Galega de Motonáutica, José Fernández.