Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala que o martes 6 de decembro se celebrará en Tui

30/11/2022

Mañá xoves 1, ás 12.00 horas, na casa do Concello de Tui, terá lugar a presentación do Campionato Galego de Seleccións Comarcais de fútbol sala, organizado pola Real Federación Galega de Fútbol, en colaboración co Concello de Tui e o club A Quinta de Tui Futsal. Celebrarase durante toda a xornada do martes 6 de decembro, nas instalacións deportivas do Pavillón Deportivo Municipal Gustavo Rodríguez, no Pavillón Municipal Vello, e no Pavillón Deportivo do IES San Paio. Participarán máis de 250 xogadores e xogadoras das categorías benxamín, alevín e infantil.

Mañá xoves na rolda de prensa participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes, Rafael Estévez, o vicepresidente da Real Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias, o responsable de fútbol sala da federación na área de Vigo, Borja Arca, así como o presidente do club A Quinta de Tui Futsal, Roberto Carlos Vila.