Mañá preséntase o Campionato de España de Radiocontrol Térmico que na fin de semana se celebrará en Tui
Mañá mércores, 31 de agosto, ás 11.30 horas, nas instalacións de piragüismo e remo de Tui, realizarase a presentación do Campionato de España de Radiocontrol Térmico, que se celebrará en Tui, organizado pola Real Federación Galega de Motonáutica, en colaboración co Concello de Tui, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra, a Real Federación Española de Motonáutica e a Comandancia Naval do Miño.
Na mesma estarán presentes o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o xefe do servizo provincial de deportes da Xunta de Galicia en Pontevedra, Daniel Benavides, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente da Real Federación Galega de Motonáutica, José Fernández, o Comandante Naval do Miño, Pablo Redondo, e o piloto galego Emilio Cadaveira.