Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntase o almanaque de 2019 da Eurocidade Tui-Valença

17/01/2019

Mañá venres, 18 de xaneiro, ás 12h, na sala de reunións da casa do concello de Tui terá lugar a presentación do almanaque de 2019 da Eurocidade Tui-Valença ilustrsado pola artista plástica María Meijide.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, e os responsables de Cultura das dúas cidades, Eduardo Freiría e José Monte, xunto á artista plástica María Meijide.