Mañá preséntase a Gala Homenaxe a Antón Corral
23/01/2018
Mañá mércores, 24 de xaneiro, ás 11h na sala de reunións da casa do Concello será presentada a Gala Homenaxe a Antón Corral que se vai celebrar este venres, 26 de xaneiro, no Teatro Municipal de Tui.
Comparecerán ante os medios de comunicación Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui; Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente; Fina Fernández, autora do libro "Antón Corral. A Alborada dun Soño", e Suso Corral Fernández, fillo de Antón Corral, exmembro da Banda de Gaitas Xarabal e integrante do Grupo Didáctico fundado por Antón Corral en Tui no ano 2011.