Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá preséntanse os Job Days que se van celebrar na Eurocidade o 1 de xullo

24/06/2014

Martes, 24 de xuño de 2014. Mañá mércores, 25 de xuño, ás 12h na Casa do Concello de Tui terá lugar a presentación dos primeiros Job Days da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, que se van celebrar en Tui o próximo martes 1 de xullo.  

A presentación correrá a cargo do alcaldes de Tui, Moisés Rodríguez, do presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro, e da directora da AECT, María Geraldes.