Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá presentación da redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo do Concello de Tui

7/03/2019

Mañá venres, 8 de marzo, ás 11.30h, na sala de reunións da casa do concello terá lugar a presentación do inicio da redacción dunha nova Relación de Postos de Traballo, RPT, do Concello de Tui.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Carlos Vázquez Padín, a concelleira de Emprego, Mila González, e representantes da empresa adxudicataria dos traballos.