Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá presentación da Carreira Solidaria de San Telmo e da Feira Cabalar 2022

18/04/2022

Maña martes, 19 de abril, ás 12.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui, terá lugar a presentación da Carreira Solidaria de San Telmo e da Feira Cabalar 2022.

A Carreira Solidaria de San Telmo celebrarase este  sábado 23, a partir das 11.00 horas, dende o Paseo da Corredoira, organizada polo Club Atletismo Tui e o Concello de Tui. A Feira Cabalar terá lugar o domingo 24 e o luns 25, Luns de San Telmo, organizada polo Concello de Tui coa colaboración da Asociación Cultural San Bartolome, de Hípica Marcos, do Club Hípico Equigalia e da Peña Cabalar Val do Louro.

Na presentación participarán o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro de Deportes de Tui, Rafael Estévez, o presidente do Club Atletismo Tui, Rafael Pérez, así como representantes de Hípica Marcos, da Peña Cabalar Val do Louro, da Asociación Cultural San Bartolomé e do Club Hípico Equigalia.