Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores preséntase o XII Música no Claustro que se celebrará do 3 ao 7 de agosto

26/07/2016

Mañá mércores, 27 de xullo, ás 11h na S.I. Catedral de Tui o alcalde de Tui Enrique Cabaleiro, participará na presentación do XII Música no Claustro, Festival de música, patrimonio e creación interdisciplinar, que se celebrará na cidade do 3 ao 7 de agosto.

 

O acto comezará cun pequeno paseo pola Catedral guiado por D. Ricardo García, cóengo emérito e mentor do festival,  e por Samuel Diz, director artístico; seguido da actuación musical de Sandra Pérez ao vibráfono.  A continuación intervirán amais do alcalde de Tui, o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o deán da S.I. Catedral, José Diéguez; a xerente da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, Elena Fabeiro; e o conselleiro en Galicia de Artistas Intérpretes o Ejecutantes (AIE), Xacobe Martínez.