Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores preséntanse o II Campionato de Judo Eurocidade e o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade

14/06/2016


Mañá mércores, 15 de xuño, terá lugar a presentación dos eventos deportivos da Eurocidade que se celebrarán esta próxima fin de semana na Eurocidade Tui-Valença, o II Campionato de Judo Eurocidade e o Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade.


Ás 11.00 horas, no salón de plenos do Concello de Tui terá lugar a presentación do II Campionato de Judo Eurocidade, organizado polo Judo Club Valença en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, que contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, os concelleiros de Deporte de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, así como a presidenta do Judo Club Valença, Argentina Rosa da Silva.


Ás 11.40 horas, no mesmo emprazamento, terá lugar a presentación do Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, organizado polo Club Deportivo DiSom Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu, e que contará coa presenza do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o concelleiro da Eurocidade, Miguel Capón, os concelleiros de Deportes de Tui e Valença, Laureano Alonso e José Monte, así como o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso e o director do campionato, Eduardo Méndez Sanjurjo.