Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mercores maxia e monicreques na Biblioteca Municipal

18/05/2010

O VINDEIRO MÉRCORES DE MAXIA E MOCICREQUES NA BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI

 

Venres, 14 de maio de 2010. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua a desenvolver o seu programa do "Mes dos Libros" e a vindeira cita será o mércores 19 de maio cunha actividade de animación para os cativos. Desta volta trátase do espectáculo "A maxia dos soños" a cargo da compañía "A ill@ dos nen@s", que repite logo dunha exitosa participación nas actividades de outono da Biblioteca.

 

"A maxia dos soños" é un conto inédito no que os asistentes disfrutarán dunha fermosa historia que ten como protagonista a un neno que quere ser Mago e a través dun soño moi especial no que lle pasan cousas máxicas é quen de facer realidade a súa ilusión. Neste espectáculo o conto relátase por unha voz en off e representado por un actor que fai o papel de neno e os distintos personaxes que son monicreques.

 

Esta actividade que combina maxia e monicreques está dirixida especialmente aos usuarios más cativos da Biblioteca Municipal tudense. Esta actividade forma parte do programa "Letras vivas" que promove a Dirección Xeral de Promoción e Difusión da Cultura da Consellería de Cultura e Turismo, en colaboración coa Concellería de Cultura do Concello de Tui.

 

Con esta actividade vaise completando o programa do "Mes dos Libros" que promove a Biblioteca Municipal tudense dende o 23 de abril,día do libro, ata logo do día das letras galegas. Ao longo destas xornadas téñense realizado diversas actividades de animación salientando especialmente a celebración de "Ágora, os libros na Praza de San Fernando" o pasado 23 de abril e a visita o martes 11 de maio do escritor Alfredo Gómez Cerdá, premio nacional de literatura infantil e xuvenil 2009.