Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores celébrase a sétima edición de “Tui le” na Praza de San Fernando

17/05/2016
Mañá mércores, 18 de maio, celebrarase a sétima edición de “Tui le” na Praza de San Fernando coa participación de 700 alumnos e 40 profesores de once centros educativos de Tui.  Este evento está organizado polas bibliotecas escolares xunto ao Concello de Tui.
Participará o alumnado dos CEIP’s nº1, nº2, Guillarei, Pazos de Reis, Randufe, e Rebordáns, o CRA Mestra Clara Torres e os IES’s Indalecio Pérez Tizón e San Paio, xunto ao do Colexio Maristas Santa María e Seminario Menor. 
 
O programa previsto desenvolverase entre ás 9 e ás 13h ofertando o intercambio de libros, de tal xeito que o alumnado levará un libro que cambiará por outro dos que haxa na praza, un photocall onde os alumnos poderá fotografarse portando lemas sobre a lectura e os libros, e unha exposición de carteis elaborados polos escolares con recreacións  da cara de Manuel María. Amais están previstas as actuacións dos distintos centros con dramatización e adaptación de contos, recitado de poemas con acompañamento musical, cancións, danza, biopoesía... Cada centro actuará durante 5 minutos nunha das catro quendas de 60 minutos establecidas. 
 
A celebración do Tui Le estaba prevista para o pasado 23 de abril, Día do Libro,  pero tivo que ser adiado pola choiva.