Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá mércores ás 12.30h preséntase o V Campionato Ibérico de Kung Fu

19/06/2018

Mañá mércores, 20 de xuño, ás 12.30 horas españolas, terá lugar a presentación do V Campionato Ibérico de Kung Fu Eurocidade, no salón de plenos do Concello de Tui. Este evento, que se celebrara este domingo 24 de xuño, está organizado polo Club Deportivo Di Som Tui, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença e a Federación Galega de Kung Fu.

Este acto contará coa presenza do alcalde de Tui, Carlos Vázquez, o concelleiro de Deportes de Tui, Andrés Urseira, e o vereador de Desporto de Valença, José Monte, así como o presidente da Federación Galega de Kung Fu, Carlos Alonso, o director do campionato, Eduardo Méndez e o director do departamento de Kung Fu moderno da Federación Galega de Kung Fu, Aarón Blanco.