Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes preséntase o I Trail Monte Aloia

18/04/2016


Mañá martes, ás 11.00 horas, na sala de concelleiros do Concello de Tui, terá lugar a presentación do “I TRAIL MONTE ALOIA ”, proba deportiva organizada pola Asociación Cultural Virxe dos Dores, en colaboración co Concello de Tui, que terá lugar o domingo 1 de maio.


Na mesma estarán presentes o concelleiro delegado de Deportes de Tui, Laureano Alonso, o presidente da Entidade Local Menor de Pazos de Reis, Enrique Pérez, así como os responsables da organización do trail, José Villaverde, Rafael Estévez e Antonio Toucedo.