Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Maña martes manterá un encontro cos lectores na Biblioteca Municipal, Alfredo Gómez Cerdá, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2009

10/05/2010

ALFREDO GÓMEZ CERDÁ, PREMIO NACIONAL DE LITERATURA INFANTIL E XUVENIL, VISITA A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE TUI O VINDEIRO MARTES 11 DE MAIO

 

Xoves, 6 de maio de 2010. Alfredo Gómez Cerdá, que recibiu o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil correspondente ao ano 2009 outorgado polo Ministerio de Cultura, manterá o vindeiro martes un encontro na Biblioteca Municipal de Tui cos seus lectores. Este encontro está orientado especialmente aos rapaces de oito a doce anos, que son un dos segmentos de público, que seguen con máis interese a obra de Gómez Cerdá.

 

Biografía
Alfredo Gómez Cerdà (Madrid, 1951). Empezou a escribir aos 11 anos.

Sentiu atracción pola literatura dende pequeno. Ler transportábao dende o seu barrio, gris e anodino, a lugares incribles, con paisaxes fascinantes e seres humanos moi diferentes aos que tiña coñecido ata entón. Ao mesmo tempo descubriu que escribir permitíalle expresar as súas ideas e comunicarse cos demais. Decidiu axiña que os libros o acompañarían sempre.

 

Inicialmente dedicouse ao teatro, pero a partir de 1982, cando gañou o segundo premio 'El Barco de Vapor' polo seu libro "Las palabras mágicas", se decantou pola literatura infantil e xuvenil.Ten colaborado en prensa e en revistas especializadas e participado en numerosas actividades en torno á literatura infantil e xuvenil: charlas, libro-fórum, programas radiofónicos, mesas redondas, conferencias, etc. Tamén colaborou en proxectos educativos levados adiante en Estados Unidos (Aprenda II, En San Antonio, Texas). Os seus libros se teñen publicado en varios países de Europa: Francia, Italia, Portugal, Dinamarca, Suecia, Noruega e Islandia; en América: Canadá, EEUU, México, Colombia, Argentina e Brasil; e, por último, en Asia, Corea e Líbano. Ten escrito amais varios guións para cómic. En 1981 realizou o guión cinematográfico de El cachorro de Howard Bridges.

 

Os seus premios máis importantes, cronoloxicamente, son:

- Segundo premio El Barco de Vapor por  Las palabras mágicas (1982)
- Segundo premio Gran Angular por La casa de verano (1983)
- Premio Altea por La ciudad que tenía de todo (1984)
- Accésit Premio Lazarillo por Timo Rompebombillas (1985)
- Segundo premio Barco de Vapor por Nano y Esmeralda (1985)
- Premio El Barco de Vapor por Apareció en mi ventana (1989)
- Premio Assitej-España de Teatro por La guerra de nunca acabar (2001)
- Premio Gran Angular por Noche de alacranes (2005)
- White Raven por El tigre que tenía miedo a las gallinas (2005)
- Premio Ala Delta por Barro de Medellín (2008)
- Premio "Cervantes Chico", polo conxunto de su obra (2008)
- White Raven por Barro de Medellín (2009)

 

Unha traxectoria culminada o pasado ano co Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu libro "Barro de Medellín". Gómez Cerdá ten editado máis dun centenar de libros para todas as idades, especialmente de literatura infantil e xuvenil.

 

No decurso deste encontro cos seus lectores Alfredo Gómez Cerdá explicará aos asistentes o seu proceso creativo, atenderá ás preguntas que lle formulen os asistentes e asina os seus libros. Esta actividade forma parte da programación do "Mes dos Libros" da Biblioteca Municipal de Tui e conta co patrocinio da editorial Tambre - Edelvives.