Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá martes celébrase a mesa redonda “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección”

21/11/2022

Forma parte do programa de actividades organizado polo Concello de Tu con motivo do 25N

Dar a coñecer os recursos a dispor das posibles vítimas e da sociedade ante un caso de violencia machista é o obxectivo da mesa redonda que se vai celebrar martes, 22 de novembro, ás 19 h na sala prensa, no primeiro andar do edificio Francisco Sánchez dentro do programa de actos do 25N.  Baixo o título de “A violencia de xénero. Prevención, atención e protección” na mesma abordarase a atención e asesoramento multidisciplinar ás vítimas, os protocolos de protección e os recursos públicos. Participarán representantes dos equipos VIOXEN da Garda Civil e da Policía Local,  a coordinadora dos Servizos Sociais Municipais, e unha avogada especializada na atención a mulleres vítimas de violencia de xénero.