Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá estará pechado o aparcamento municipal para arranxar o firme

15/12/2015

O Concello de Tui informa que mañá mércores, 16 de decembro, estará pechado e por tanto non se poderá estacionar no aparcamento municipal situado na traseira da Área Panorámica.  O peche débese á realización de traballos para arranxar o firme do mesmo. Esta zona volverase a abrir para o estacionamento de vehículos este xoves día 17.