Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá entréganse os Premios Deporte Tudense 2023

30/11/2023

Será na Gala do Deporte Tudense que se celebrará maña, venres 1 de decembro, ás 20.30 horas, no Teatro Municipal de Tui.

O deporte tudense celebrará a súa festa anual mañá venres, 1 de decembro, ás 20.30 h no Teatro Municipal, coa Gala do Deporte Tudense na que se entregarán os Premios Deporte Tudense 2023 nas distintas categorías deportistas promesa feminina e masculina, deportistas veterana feminina e masculina, deportista sénior feminina e masculina, adestrador, club deportivo e club deportivo de base, firma comercial, deporte adaptado e mención especial.

No acto tamén se realizarán recoñecementos a persoas que traballan e traballaron en pro do deporte tudense, así como a aqueles que tristemente finaron neste ano 2023 e que deixaron a súa pegada non só no mundo do deporte.