Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá degustación de calabizo no Mercado da Verdura

11/12/2015

O cárcere vello en Tui acolle mañá sábado, de 10 a 14h, unha nova edición do Mercado da Verdura coa venda de produtos ecolóxicos directamente da man dos seus produtores.

Amais mañá sábado haberá unha degustación e venda de calabizo, chourizo de cabaza, a cargo de Fiblone. As responsables desta empresa lanzaron hai un par de meses ao mercado este produto, no que levan traballando preto de dous anos, e están a ter unha gran acollida. Mañá explicarán coma o seu obxectivo é lograr que o 100% da cabaza que empregan sexa galega, para o que buscan agricultores para producir este produto.

O Mercado da Verdura está organizado polo Concello de Tui, APEGA e Foro Tude.