Mañá chegan a Tui os 350 participantes na IV Concentración Internacional de Policías Motoristas
Venres, 29 de agosto de 2014. O alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, e o presidente da Cámara de Valença, Jorge Salgueiro Mendes, recibirán mañá ás 12h na Praza de San Fernando aos 350 policías moteiros que se achegarán ata a cidade dentro da IV Concentración Internacional de Policías Motoristas organizada por Motopolisvigo. Posteriormente visitarán a Catedral de Tui e o conxunto histórico da cidade. Ás 13.30h continuarán ruta pola vella ponte internacional en dirección a Valença onde xantarán nun restaurante deste localidade, regresando a Vigo a media tarde.
Motopolisvigo é unha asociación sen animo de lucro creada en 2008 , organizando ao ano seguinte a primeira concentración internacional. Entre os seus obxectivos está promover o desenvolvemento e a práctica continuada do moto-turismo.
Programa previsto sábado 30 de agosto:
10:30 Ruta ata Tui.
12:00 Recepción das Autoridades na Praza de San Fernando, visita á Catedral e conxunto histórico
13:30 Ruta pola vella ponte internacional ata Valença
14:00 Xantar típico portugués na "Quinta do Prazo".
17:00 Saída cara Vigo.
20:00 Espectáculo sorpresa con sorteos e recepción Autoridades.
21:00 Cena de gala