Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá celébrase no Paseo da Corredoira a Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado

24/07/2017

Haberá 45 postos de anticuarios de Galicia, Portugal, Asturias e Francia

O Paseo da Corredoira de Tui acolle mañá martes, 25 de xullo, de 10 a 21h unha Feira Benéfica de Antigüidades, Coleccionismo, Vintage e Libro Usado organizada polo Concello de Tui coa colaboración de PPartmin Creativas.

Dende a Glorieta de Vigo até os soportais distribuiranse os 45 postos de anticuarios chegados de distintos puntos de Galicia, Portugal, Asturias, e un de Francia. Ao longo do día non faltará a animación musical e mesmo ás 20h está previsto un concerto de rock clásico.

A feira ten carácter benéfico xa que por unha banda os anticuarios participantes deberán realizar unha aportación de alimentos non perecedoiros para SOS Tomiño Baixo Miño. Esta asociación asistencial terá tamén un posto no que recollerá alimentos ao longo da xornada.