Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 20h inaugúrase na Sala Municipal a exposición “Berra Muller”

20/09/2014

 

Venres, 19 de setembro de 2014. Mañá sábado, 20 de setembro, ás 20h terá lugar na Sala Municipal de Exposicións na Área Panorámica a inauguración da mostra "Berra Muller". O colectivo formado por catorce mulleres creadoras achegarán os seus traballos ata este espazo amosando as súas creacións en deseño gráfico, fotografía, pintura, escultura, cerámica, xoiaría, deseño de moda...

 

Esta é a segunda exposición "Berra Muller" que se realiza, logo da primeira experiencia levada a cabo en distintos establecementos de Tui no mes de marzo co gallo da celebración do Día Internacional da Muller.