Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 11h preséntase a programación cultural de febreiro a maio recollida na Corredoira Cultural

25/01/2018
Presentación da axenda Corredoira Cultural

Mañá venres, 26 de xaneiro, ás 11h no vestíbulo da Área Panorámica de Tui será presentada a programación cultural que se vai desenvolver na cidade entre os meses de febreiro e maio e que vén recollida na 35ª edición da axenda “Corredoira Cultural”.

Comparecerán ante os medios de comunicación Carlos Vázquez Padín, alcalde de Tui; Eduardo Freiría, concelleiro de Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente; Jacobo Sutil, director da AGADIC; Emi Candal, representante de Urdime; Fran Rei, xerente de Culturactiva, Cayetano Lledó, mago profesional; e Fina Calleja, actriz de Sarabela Teatro.