Mañá ás 11h preséntase o XI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc
15/04/2015
Mañá xoves, 16 de abril, ás 11h na sala de prensa no primeiro andar da Área Panorámica, terá lugar a presentación oficial da XI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc.
Comparecerán ante os medios de prensa o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, a deputada de Cultura, Ana Isabel Vázquez, xunto aos directores do festival Sara García e Ángel Sánchez.
O XI Festival Internacional de Documentais de Tui, Play-Doc, vaise celebrar do mércores 22 ao domingo 26 de abril en Tui.