Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Mañá ás 10.30h preséntase a XIX Feira de Artesanía de Tui

6/05/2015

Mañá xoves, ás 10.30h terá lugar na sala de reunións do Concello de Tui a presentación da XIX Feira de Artesanía de Tui que se vai celebrar esta fin de semana no conxunto histórico da cidade.

Comparecerán ante os medios de comunicación o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, a concelleira de Cultura, Vanesa Rodríguez, xunto a Begoña Lobato e Encarnación Carnero da Asociación de Palilleiras do Baixo Miño, Mari Mar Fandiño Alonso da Asociación Xuvenil e Cultural do Traxe de Tui, e os artesáns tudenses Mª José Vázquez Pérez, Mª Jesús Pérez Diz e Juan Antonio Fontán Monteiro.