Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de catrocentas persoas participaron o domingo na I Xuntanza Luso-Galaica

23/07/2014

Martes, 22 de xullo de 2014. Máis de 400 persoas participaron o pasado domingo na I Xuntanza Luso-Galaica organizada polas parroquias tudenses de Paramos e Baldráns e a freguesía valenciana de Verdoejo. Foi unha xornada de convivencia entre as poboacións das dúas beiras do Miño celebrada no Parque de Merendas de Verdoejo, que se sumou as diversas iniciativas que se están a celebrar no seo da Eurocidade Tui-Valença.

A asistencia prevista duplicou as previsión que inicialmente fixeran dende a organización. O folclore tanto de Tui coma de Valença estivo presente así coma numerosas actividades de animación que se celebraron ao longo da xornada. Non faltou a gastronomía esgotándose todas as racións de polbo á feira e de porco ao espeto preparadas para a ocasión.

Esta festa naceu con vocación de continuidade e logo do éxito desta fin de semana os organizadores comezan a pensar xa na segunda Xuntanza que o próximo verán terá lugar en Baldráns ou en Paramos.