Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 600 persoas asistiron á recepción dos Reis Magos

5/01/2021

Día cheo de maxia, de ilusión, de desexos o que se viviu no Teatro Municipal de Tui dende ás once da mañá até pasadas as oito da tarde. Os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, realizaron unha recepción para os nenos e nenas de Tui e ás sús familias. Dada a actual situación de pandemia nonse puido realizar a tradicional Cabalgata Internacional de Reis, pero os Magos de Oriente non quixeron deixar de escoitar aos cativos e cativas a partes iguais nerviosos e ilusionados. 

A Área Panorámica transformouse para esta ocasión. No vestíbulo sinalouse o percorrido de entrada e saída, e unha pechadura máxica daba acceso ao lugar no que agardan os tres Magos. Os nenos e nenas tiveron a oportunidade de sentar un ratito con eles e compartir aquelas cousas que reflictiron nas súas cartas, así coma de seguro algunha incorporación de última hora. Momento que pais e nais inmortalizaron en fotografías que quedarán para o recordo. A súa saída recibiron un doce agasallo e tiveron a oportunidade de xogar con globos de cores de diversos tamaños, e de levar un tamén para casa. 

A primeira hora da mañá o alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, o presidente da Cámara de Valença, Manuel Lopes, a concelleira de Cultura, Sonsoles Vicente, e o vereador de Cutlura, José Monte, se achegaron tamén a saudar aos Reis.

Melchor, Gaspar e Baltasar lembraron a pequenos e pequenas que hoxe cómpre ir cedo para cama, e agardar a maxia que hoxe repartirán en forma de agasallos.