Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 200 alumnos de Secundaria asisten hoxe á primeira proxección de “O Cine nas Aulas”

26/10/2016

Un total de 222 alumnos e 10 profesores de 2º de ESO dos IES Indalecio Pérez Tizón, San Paio, Seminario Menor San Paio e Colexio Marista Santa María, asisten hoxe martes, 26 de outubro,  a proxección da primeira película do programa “O Cine nas Aulas“,  no Teatro Municipal na Area Panorámica.

O alumnado recollerá unidades didácticas elaboradas pola Técnica de Prevención do Concello de Tui para traballar posteriormente nas aulas.

Ao través do programa “O Cine nas Aulas”  aproveitase o atractivo que  o cinema ten para os mozos para captar a súa atención, apoiar a súa capacidade de reflexión e favorecer a análise e a crítica dos contidos educativos que presenta.  Deste xeito o cine pode converterse nunha eficaz ferramenta de traballo. Deste xeito o profesor pode traballar o tema da previsión a través das películas que se proxectan empregando o material complementario que se lles facilita, servindo como soporte para tratar as diversas temáticas transversais que aparecen en cada guía.

 A próxima proxección dentro deste programa será o 16 de novembro para alumnos de 5º e 6º de Primaria.