Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Máis de 1.200 persoas acudiron á recepción dos Reis Magos no Teatro Municipal

5/01/2022

Dende ás 10.30 h Melchor, Gaspar e Baltasar están a recibir a cativos e cativas

As súas Maxestades Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban a primeira hora desta mañá ao Teatro Municipal de Tui onde estaba todo preparado para a recepción real.  Máis de 1.200 persoas acudiron a súa cita cos Reis Magos tras reservar previamente a súa quenda en www.tui.gal.

No acceso ao vestíbulo e tras presentar os maiores de 12 anos o correspondente certificado COVID, accedíase ao patio de butacas a través da porta de acceso convertida nunha pechadura máxima que daba acceso a un túnel que transporta aos asistentes até o máxico lugar onde estaban Melchor, Gaspar e Baltasar.

Nervios, ilusión, emoción… desbordaban os cativos e cativas de todas as idades que dende ás 10.30 h están acudindo a saudar aos Reis. Melchor, Gaspar e Baltasar que sabían os nomes de todos eles aproveitaban para escoitar algunha petición de última hora, e para repasar coma se teñen portado no último ano.  Os reis agasallaban aos pequenos e pequenos con caramelos sen glute ou cunha peza de froita.

Tras despedirse das súas maxestades os nenos e nenas tiñan aínda outra sorpresa na saída xa que dous grandes osos e dous corazóns, animaban o percorrido final dentro do Teatro Municipal.

Xa pola tarde, na rúa Ourense, puido admirarse as carrozas realizadas polas asociacións Aloia de Pazos de Reis, Arume de Malvas, Lembranzas da Terra de Guillarei e Xuntanza de Randufe para esta xornada de Reis tan especial. Non faltou nas rúas tudenses a animación musical nesta tarde chea de maxia, nesta ocasión a cargo das charangas tudenses A Tu Ritmo e Cantos Somos e da Rondalla O Mosteiro de Pexegueiro.