Listaxe de persoas admitidas e reserva Campamento de Verán de Aventuras
25/06/2024
Vense de aprobar a listaxe definitiva de persoas admitidas, reservas e excluídos/as no Campamento de Verán de Aventuras.
Cada participante deberá solicitar o mércores 26 e xoves 27 de xuño, a carta de pago da cota de inscrición das quendas solicitadas:
- Presencialmente no departamento de Tesourería do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.
- Por enderezo electrónico cobros@tui.gal , indicando NIF, nome e enderezo completo do pai/nai/titor/titora tomador/a da taxa, ademais do nome do/a participante e as quendas ás que este inscrito/a.
Para o pagamento da taxa, cada participante terá ata o día 27 de xuño:
- Telemáticamente: https://tui.ovt.gal/ (escoller a opción Servicios disponibles Sin Certificado Digital / PAGO DE RECIBOS (PASARELA DE PAGOS) / AUTOLIQUIDACIÓN, ata o día 12/06/2024.
- Nas entidades ABANCA e BANCO SANTANDER, ata o día 12/06/2024.
- En efectivo, na Caixa do Concello de Tui sita nas dependencias do departamento de Tesourería, ata as 14.00 horas do día 12/06/2024.
O importe por participante e quenda é de 30,56€
A persoa admitida que o día 27 de xuño non fixera o ingreso da cada quenda, será dado de baixa e a súa praza pasará ao seguinte da lista de reservas.
No caso de renuncia á algunha quenda, deberán presentala de xeito expreso:
- Presencialmente no Rexistro do Concello de Tui, de 09.00 a 14.00 horas, indicando o nome do/a participante e as quendas ás que renuncia.
- Por sede electrónica https://concellotui.sedelectronica.gal/info.0 mediante unha instancia xeral
Listaxe definitiva persoas admitidas e reservas Campamento de Aventuras 2024