Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Listado de admitidos nos Campamentos de Verán Tui 2016 e novo prazo de inscrición para as prazas dispoñibles

13/06/2016


O pasado venres 10 de xuño pechouse o prazo de inscrición para os Campamentos de Verán Tui 2016, cun total de 172 inscritos nas dúas quendas ofertadas este ano.


Todos os nenos e nenas que presentaron a súa solicitude foron admitidos nas quendas solicitadas, polo tanto, tal e como indican as condicións xerais dos campamentos, dende mañá martes 14 ata o día 25 de xuño deberá facerse o pagamento da taxa establecida, que como nos últimos anos é de 30,56€ por cada quenda e neno/a.


Para facer este abono, todos os inscritos/as deberán pasar polo departamento de Tesourería do Concello de Tui e recoller o recibo correspondente á súa inscrición.


Dado que aínda quedan prazas dispoñibles para as dúas quendas deste ano, os interesados poderán realizar a inscrición e aboar a taxa, ata completar as prazas dispoñibles, dende mañá martes 14 ata este venres 17.