Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Libro de festas de San Telmo solidario

21/04/2022

O libro das Festas de San Telmo de 2022 está conformado por escritos e gráficos sobre as festas e a cidade. Entre eles os pregóns das festas de 1972 de Darío  Álvarez Blázquez, de 1981 de Eliseo Alonso ou de 1984 de Carlos Casares.Tamén escritos de Suso Vila, Ernesto Iglesias Almeida ou Rafael Sánchez Bargiela. Baixo o título de “Ars tudensis” recóllese un amplo artigo sobre a relación dos tudenses coa arte. Todo isto ilustrado con fotografías actuais da cidade e outras imaxes de Tui do arquivo da Casa Loty. 

As persoas interesadas poden obter un exemplar do libro de festas da casa do concello a cambio dun quilo de alimentos non perecedoiros que serán entregados a SOS Tomiño Baixo Miño.