Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

La Canica, de Madrid, achega o venres a Tui o espectáculo infantil "El elefantito", que recibiu o premio FETEN 2006

7/11/2007

La Canica de Madrid achega a Tui o espectáculo infantil “El elefantito”

A obra, que se representa o venres, recibiu o premio FETEN 2006

 Mércores, 7 de novembro de 2007. Os nenos de 3 a 6 a seis anos son os principais destinatarios da obra de teatro de monicreques “El Elefantito” que este venres chega a Tui da man da compañía madrileña “La Canica”.  A representación chega avalada polo premio FETEN 2006 ao mellor espectáculo de monicreques.  

“El Elefantito”, baseada nun conto de Kipling, está dirixida por Pablo Vergne coa interpretación de Marisol Rozo e Eva Soriano.  Ao través da manipulación de obxectos domésticos coma unhas pinzas roupa, luvas, un plumeiro ou almofadóns, constrúense os distintos animais que protagonizan esta historia, co que se busca estimular a imaxinación dos cativos. Tendo en conta amais a idade á que vai dirixida a obra intercálanse cancións con letras sinxelas e ritmos marcados.  Os nenos gozarán ao longo de 45 minutos deste fermoso espectáculo.  

A obra conta a historia dun pequeno elefante que levado pola súa curiosidade  de saber qué come o crocodilo emprende unha viaxe que o leva a coñecer un mundo até entón descoñecido para el.  As entradas poranse á venda o venres ás 16.30h ao prezo de 2,5€, 2€ con desconto, e 1,5€ par aos menores de 12 anos.   

 La Canica con “El Elefantito”Lugar: Teatro Municipal, r/Colón nº2 TuiData: Venres 9 de novembro  ás 20.00hPrezo: 2,5€ - 2€ con desconto e 1,5€ os menores de 12€Retirada de localidades dende ás 16.30hRecomendado: nenos de 3 a 6 anosOrganiza: Concellería de Cultura de Tui