Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

IV Edición de A Emoción dos Viños no claustro da Catedral de Tui

12/06/2014

 

Xoves, 12 de xuño de 2014. Este sábado máis de 50 viticultores de toda a península achegarán os seus produtos ao claustro da Catedral de Tui co fin de celebrar unha xornada na que  cliente e   produtor teñan un trato directo e de conversa.

 

A Emoción dos Viños naceu co obxectivo de ser punto de encontro íntimo nun entorno cultural onde os  asistentes poidesen achegarse á orixe, autenticidade, e cultura do viño. A primeira edición do festival arrancou con 20 viticultores e para este ano a cifra multiplicouse ata chegar aos 50 con más de 120 viños expostos para o público.

Bodegas de toda Galicia, Portugal, Alicante, Madrid,Cataluña ou Tenerife achegarán os seus produtos a Tui, reunión que despertou o interese de importadores británicos que xa se están a hospedar na cidade.

 

Onte tiña lugar a presentación do evento no Concello de Tui a cargo do Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, o concelleiro do Conxunto Histórico e Rehabilitación, Nicolás Montes, e os creadores do evento Antonio Portela e Marina Cruces.

 

O organizador Antonio Portela salientaba a  armonía que Tui presenta coa esencia do evento ao posuír un conxunto histórico coa Catedral no seu cumio, ao ser tamén antiga Capital de Galicia e cidade fronteira á beira do río Miño.

 

Marina Cruces facía fincapé na importancia do viño na nosa cultura, xa que é, segundo as súas palabras, parte da nosa historia e da nosa tradición. Asemade animaba a tódolos amantes do viño e a boa conversa a achegarse este sábado ao Claustro da Catedral de Tui e desfrutar a cidade e o seu conxunto histórico.

 

Pola súa banda o alcalde de Tui, Moisés Rodríguez,agradecía a iniciativa  de Marina Cruces e Antonio Portela por axudar a dinamizar o conxunto histórico, Tui se fai entre todos, explicaba, e “grazas a xente como vos turistas e visitantes se achegan a pasar o día á nosa cidade e coñecela na súa esencia”.

 

O horario será de 11h a 14h e de 17h a 21h cun prezo de 15 euros por entrada que permite a entrada ao evento durante toda a xornada e unha copa conmemorativa  desta IV Edición de A Emoción dos Viños.