Iria Sobrado pecha a programación do 25N en Tui con “Corazón”
28/11/2024
Representará esta acción performativa este sábado ás 12 h no Mercado de San Antonio
A acción performativa “Corazón” da actriz e artista audiovisual Iría Sobrado pecha este sábado a programación do 25N, Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller en Tui. A cita será ás 12 h no Mercado de San Antonio.
“Corazón” é unha conmovedora e orixinal proposta para un espazo coma un posto do mercado. Deste xeito remata a programación desenvolvida baixo o lema “Que a vergoña cambie de lado. A nosa voz contra as violencias machista!”.