Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inicio das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra en Tui

30/09/2011

Máis de 400 nenas e nos participarán este ano en patinaxe, balonmán e fútbol.

A Deputada Provincial de Deportes e o Alcalde de Tui dan inicio as actividades deportivas.

 

PRESENTACIÓN ESCOLAS DEPORTIVAS

O próximo mércores 5 de outubro, ás 17 horas, no Novo Pavillón Deportivo Municipal de Tui, terá lugar o acto de inicio das Escolas Deportivas da Deputación de Pontevedra. Ao mesmo acudirán a Deputada Provincial, Dª Marta Iglesias o Alcalde de Tui, D. Moisés Rodríguez, o Concelleiro de Deportes, D. Nicolás Lorenzo, así como os responsables dos tres deportes da escola.

A este acto invítase a tódolos pais, nais e titores dos nenos e nenas inscritas nestas actividades.

 

ESCOLA DE PATINAXE

Tras esta presentación, o responsable da Federación Galega de Patinaxe, D. Alberto Covelo xunto a monitora da actividade, manterán unha reunión cos pais, nais ou titores dos nenos e nenas inscritos na escola de patinaxe.

Nesta reunión informarase aos mesmos dos horarios e grupos establecidos este ano, nel que máis de 140 nenos/as se inscribiron.