Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

“Indian Show” de Gondomar gañou o primeiro premio en comparsas no Desfile de Entroido de Tui, "Arde Troia" de Rebordáns levouse o primeiro premio en carrozas e "Cantos Somos" logrou o primeiro premio en acompañamento musical

25/02/2009

Miles de persoas ateigaron as rúas de Tui

"Indian Show" de Gondomar gañou o primeiro premio en comparsas en Tui

Arde Troia de Rebordáns  levouse o primeiro premio en carrozas e Cantos Somos logrou o primeiro premio en acompañamento musical

 

Martes, 24 de febreiro de 2009.  Máis de dez mil persoas ateigaron as rúas de Tui para disfrutar do multitudinario desfile de Entroido no que a comparsas de Gondomar "Indian Show" de Mañufe, Gondomar, cunha fantasía sobre a India cun elefante encabezando a comitiva, unha Shiva, e unha carroza do Taj Mahal, cunha ampla coreografía posta en escena por 76 persoas levouse o primeiro premio en comparsas.

 

O segundo premio en comparsas foi para os 70 integrantes de Revolución Show de Tomiño fixeron un despliegue de corido, coreografía, e sincronización. O terceiro premio correspondeu a "Cantos Somos" de Tui por "Xunta de Cabezudos" cunha parodia das eleccións autonómicas cos tres candidatos representados coma xigantes, e os posibles votantes coma cabezudos, sen faltar a urna do voto emigrante. O cuarto premio foi para "Arde Troia" de Rebordáns e o quinto para "Maldición da perla negra" de Terra de Condes de Redondela.

 

En carrozas o primeiro premio foi para un logrado "Caballo de Troya" que achegou a comparsas de Rebordáns, de Tui, cunha representación da historia de Troia. O segundo premio en carrozas foi para "Indian Show" polo magnífico Taj Majal da India na súa carroza, mentres que os Macanudos con "Made sin pan" co palacio de Buckingham recibiu o terceiro premio, o barco do Caribe de "Terra de Condes" levouse o cuarto premio e "A crise do medievo" obtivo o quinto premio.

 

En acompañamento musical a comparsa tudense "Cantos Somos" levouse o primeiro premio un ano máis. O segundo correspondeu a "Pinocho" de Caldelas, de Tui, o terceiro correspondeu a "Os Macanudos" de Gondomar,e  o cuarto foi para "A crise do Medievo", quedando deserto o quinto premio.

 

Unha tarde soleada e con temperaturas moi agradables propiciou que centos de persoas ateigasen as rúas por onde transcorreu o desfile. Dende primeira hora Tui comezou a recibir tanto aos participantes nas comparsas participantes coma ao público que quixo elixir mellor lugar no "sambódromo" onde poder disfrutar do concurso de Entroido no que participaron máis de 500 persoas.

 

O Entroido despídese en Tui o próximo domingo, 1 de marzo, co Enterro do Bacallau. A comitiva fúnebre partirá ás 19.30h da Praza de San Fernando, para dirixirse até o Palco da Música onde se dará lectura ao testamento, e proseguirá até a parte posterior da Área Panorámica onde terá lugar a incineración.

 

 

 

Premios

 

Acompañamento Musical

 

1º.-  Cantos Somos - 500€

2º.-  Pinocho  - 400€

3º.-  Os Macanudos "Made sin pan" - 300€

4º.-  A Crise do medievo - 200€

 

 

Carrozas

1º.-  "Arde Troia" de Rebordáns, Tui - 500€

2º.- Indian Show de Mañufe, Gondomar -  400€

3º.- Made sin pan de Os Macanudos de Gondomar - 300€

4º.- Maldición da perla negra de Terra de Condes de Redondela - 200€

5º.- A crise do Medievo  de Tui - 100€

 

Comparsas

1º.-  Indian Show de Mañufe, Gondomar - 500€

2º.- Fantasía no caribe de "Revolución Show de Tomiño- 400€

3º.- Xunta de Cabezudos de Cantos Somos de Tui  - 300€

4º.- "Arde Troia"de Rebordáns de Tui - 200€

5º.- Maldición da perla negra de Terra de Condes de Redondela - 100€