Pronóstico de Tutiempo.net
Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Inaugúarse o xoves 11 de outubro unha exposición de pintura de Manuel Uhía e Xulio Rodríguez

10/10/2007

INAUGÚRASE MAÑA A EXPOSICIÓN DE PINTURA DE MANUEL UHIA E XULIO RODRIGUEZ 

Na Sala Municipal de Exposición do Concello de Tui terá lugar mañá xoves 11 de outubro a inauguración da exposición antolóxica dos pintores Manuel Uhía e Xulio Rodríguez que permanecerá na nosa cidade ata o vindeiro 31 de outubro. O acto de inauguración terá lugar ás 20,00 horas do serán. 

Manuel Uhía (Portonovo – Pontevedra) é un acreditado artista especialmente como ilustrador de libros infantís, pois leva ilustrados máis de 90 obras para editoriales de Galicia e de España, acadando un amplo recoñecemento á sua calidade. Abonde citar que Manuel Uhía ten acadado os seguintes premios: Mención especial no Salón de Otoño 83 de Avignon, Mención especial no Salón de Evian 84, Premio Rañolas de Ilustración 1997, Lista de Honra no XXXVI Premio C.C.E.I. 1997, Primeiro premio Concurso Imaxe institucional de Caixanova (2000), seleccionado polo Ministerio de Educación e Cultura para a exposición itinerante “A todo color” 2000,  Premio (compartido) Multimedia 2001 da Casa das Ciencias (A Coruña) e Premio de ilustración Gálix 2004.Na actualidade Manuel Uhía compatibiliza a súa adicación como ilustrador coa actividade pictórica de tendenza abstracta. Nas súas palabras “en pintura utilizo óleo, pastel e técnica mixta, e para as ilustracións  adoito empregar acuarela, aínda que ultimamente aplico técnicas  mixtas en todos meus traballos”.

Pola súa banda Xulio Rodríguez (Vigo – Pontevedra, 1953), cursou estudios  de Belas Artes en Barcelona, exponiendo por vex primeira en Pontevedra en 1977; cofundador, nos inicios dos anos 80, do grupo “Alén – acción plástica” dende entón ten realizado numerosas exposicións en toda Galicia, así como en Francia y Alemania. O propio autor define o seu estilo como “unha abstracción expresionista, que non desbota ningún material e coñecedor de gran variedade de técnicas pictóricas, usaas aleatoriamente tentando sorprender coa súa plasticidade”. 

A presenza desta exposición na nosa cidade, sinala o concelleiro de cultura tudense Moisés Rodríguez Pérez, xorde con motivo da celebración ao longo da segunda quincena do mes de outubro de diversas actividades ao abeiro da conmemoración o vindeiro día 24 de outubro do “Día da Biblioteca”. Unha das actividades prevista é esta exposición dun dos ilustradores de literatura infantil e xuvenil de Galicia máis acreditados acompañado do pintor Xulio Rodríguez nunha mostra que suscitará o interese de moitos tudenses pola súa temática e calidade.