Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

ilMaquinario Teatro chega este sábado a Tui co espectáculo “Resaca”

5/10/2017

A compañía representará a súa proposta máis persoal ás 20.30h no Teatro Municipal de Tui

A programación do Outono no Teatro continúa este sábado ás 20.30h con “Resaca”, da compañía ourensá ilMaquinario. Trátase do terceiro traballo dende que comezaron a súa andadura no ano 2012 e o máis persoal. Despois de dous espectáculos creados a partir de obras de autores estranxeiros, apostan pola creación colectiva e o teatro documental para reflexionar sobre a perda dun ser querido nun espectáculo que une danza, poesía e música en directo.

Melania Cruz, Fernando González, Fran Lareu, Laura Míguez e Vadim Yukhnevich interpretan a cinco amigos que despois da desaparición de Álex deciden lembralo a través de cadernos, fotos, música... Nesta proposta fálase de memoria e reflexión para entender  o presente, pero tamén o futuro.

Tito Asorey é o director do espectáculo, amais do autor xunto a Ana Carreira, a escenografía corre a cargo de Montse Piñeiro e Laura Iturralde e da iluminación ocúpase José Manuel Faro “Coti”. Todo discorre acompañado da música de Vadim Yukhneivich.

As entradas está á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o sábado dende ás 19h no despacho de billetes aos prezo de 6€ para o público en xeral e 4,5€ para público infantil e o que teña dereito aos descontos establecidos por desempregado, familia numerosa, estudante, xubilado ou socio da biblioteca tudense.

Il Maquinario Teatro presenta “Resaca”

Teatro Municipal de Tui

Data: Sábado, 6 de outubro de 2017 ás 20.30h

Entradas: á venda en www.culturatui.info ata o sábado ás 12h ou o venres dende ás 19h no despacho de billetes

Prezos: 6€ para o público en xeral e 4,5€ con desconto