I Xornadas Técnicas de Fútbol Sala esta fin de semana no pavillón de Randufe
Esta fin de semana o Baixo Miño Randufe Futsal, en colaboración co Concello de Tui, a Comunidade de Montes de Randufe e o CEIP Randufe, organiza as primeiras xornadas técnicas de fútbol sala, no pavillón deportivo do CEIP de Randufe. Estas xornadas, que teñen carácter gratuíto, están dirixidas a xogadores/as de categoría cadete e infantil de fútbol sala. Nas mesmas contarase con adestradores de alto nivel e traballarase distintos aspectos desta modalidade deportiva: técnicos, tácticos, psicolóxicos, etc. O programa está dividido en dúas xornadas: Os interesados poden acadar máis información e inscribirse a través do Baixo Miño Randufe Futsal, no número de teléfono 777.393.182 ou do enderezo electrónico randufefs@gmail.com.