Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

I Travesía a Nado “Ponte Internacional Tui – Valença do Minho”

29/07/2011

O próximo sábado 6 de agosto celebrarase esta proba dende o Cais de Portugal

 

O Club de Actividades Acuáticas do Alto Miño en colaboración co Concello de Tui e a Cámara Municipal de Valença do Minho organizan a “I Travesía a Nado Ponte Internacional”

 

Enmarcada dentro das actividades do aniversario da Ponte Internacional, o próximo sábado ás 11.00 horas (horario español) darase a saída a esta proba deportiva dende o Cais de Portugal, sendo o percorrido dunha distancia de 900 metros, chegando ata a praia da mariña.

 

A concentración dos nadadores será na praia da mariña, ás 10.00 horas, dende onde partirán ás 10.30 horas en autobús ata a zona portuguesa, lugar de saída da proba.

 

As inscricións, que se pecharán ás 10.30 horas, son gratuítas e pódense apuntar todos aqueles nadadores maiores de 10 anos, aínda que os menores de idade teñen que entregar unha autorización para participar.

 

Más información no correo electrónico deportes@concellotui.org ou no teléfono 696.482.245