Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

A I Carreira Internacional de Orientación Eurocidade se celebrará o domingo 14 de outubro

8/10/2018

Contará con dúas probas, en Valença en horario de mañá e en Tui pola tarde

O Club Aromon de Pontevedra, en colaboración coa Eurocidade Tui-Valença, dentro da VII Liga Aromon Chema Sport, organizará a I Carreira Internacional de Orientación da Eurocidade, que se celebrará este domingo 14 de outubro.

Esta evento contará con dúas probas, unha de mañá en Valença, con inicio a partir das 10.00 horas españolas, que percorrerá a pé as rúas do interior das murallas de Valença, e pola tarde, a partir das 16.00 horas, polo conxunto histórico de Tui. Os interesados teñen a posibilidade de participar nas dúas probas.

As inscricións están abertas ata este mércores 10 de outubro, ás 22.00 horas, a través da web www.aromon.es, nas categorías iniciación nenos/as, iniciación adultos e avanzado.