I Campionato de Baloncesto 3x3 CB TUI
O sábado 21 de xullo na praza San Fernando
O Club Baloncesto Tui organiza o I Campionato de Baloncesto 3x3, o próximo sábado 21 de xullo, na praza de San Fernando, dende as 10.00 ata as 21.00 horas, coa colaboración do Concello de Tui.
Este campionato terá tres categorías, sub12, sub16 e sénior. Poderán inscribirse equipos de ata un máximo de 4 xogadores. As inscricións poderán facerse no lugar do campionato a un prezo de 25€ por equipo.
Amais dos partidos propios do campionato, haberán concursos de triples e de tiros. Á finalización do mesmo entregaranse diferentes premios aos tres primeiros de cada categoría.
O CB Tui quixo celebrar este campionato na praza de San Fernando como lugar emblemático da historia tudense, xa que alí se celebraron os primeiros partidos de baloncesto, alá polos anos 50.