Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe xoves, ás 20h, celébrase o pleno ordinario correspondente ao presente mes de xullo

26/07/2018

A corporación municipal de Tui celebra hoxe xoves, 26 de xullo, ás 20h pleno de carácter ordinario coa seguinte orde do día:

A) Parte resolutiva:

1º.- Aprobación, se procede, de borrador da acta da sesión ordinaria nº 7/2018, de 28 de xuño.

2º.- Expediente 263/2018. Ditame desfavorable da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de proposta de Alcaldía, de data de data 16/07/2018, de aprobación definitiva do Orzamento Xeral do Concello de Tui para o ano 2018 e as súa bases de execución.

3º.- Ditame da Comisión Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de proposta de Alcaldía de data 16/07/2018, de establecemento de dedicación parcial ao cargo de concelleiro de Deportes, Cultura, Patrimonio e Medio Ambiente.

4º.- Ditame da Comisíón Informativa de Contas, Facenda, Patrimonio e Persoal de proposta de Alcaldía, de data 16/07/2018, de aprobación de modificación da ordenanza fiscal do Imposto sobre Construccións, Instalacións e Obras.

5º.- Ditame da comisión informativa de contas, facenda, patrimonio e persoal relativo a crédito extraordinario nº 1/2018 C) BASES E PREMIOS CONCURSO IDEAS REORDENACIÓN FRENTE FLUVIAL.

6º.- Mocións de Urxencia.

B).- Actividade de control:

7º.- Dación de conta de medidas adoptadas en relación á traxedia de Paramos.

8º.- Dación de conta de resolucións de Alcaldía dende o nº 2018-0678 de .21/06/2018 a nº 2018-0812 de 18/07/2018.

C).- Rogos e preguntas:

9º.- Rogos e preguntas. 

Convocatoria de pleno 8/2018