Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe película de animación nas actividades do "Día da Biblioteca"

22/10/2009

UNHA PELICULA DE ANIMACIÓN NOVA ACTIVIDADE DO PROGRAMA DO "DÍA DA BIBLIOTECA"

 

Mércores, 22 de outubro de 2009. A Biblioteca Pública Municipal de Tui continua desenvolvendo o seu programa de actividades arredor do Día da Biblioteca, cunha oferta dirixida aos diversos sectores de idade que son usuarios deste centro bibliotecario.

 

Logo do contacontos para adultos celebrado o mércores, 21 de outubro, mañá xoves, 22 de outubro, ás 17,30 horas, os mais pequenos teñen unha cita na propia Biblioteca para asistir á proxección dunha película de animación dirixida á súa idade e intereses.

 

A celebración do "Día da Biblioteca" foi unha iniciativa da Asociación Española do Libro Infantil e Xuvenil comezada en 1997 e que nos últimos anos ten experimentado unha grande difusión. O seu obxectivo é fomentar o uso da biblioteca como un servizo indispensable para o desenvolvemento dunha sociedade democrática, na que o dereito de acceso libre á información e á cultura estea garantido para todos os cidadáns por parte das institucións públicas.

 

A programación continuará o venres cun obradoiro de banda deseñada e o sábado cunha sesión de contacontos para familias na data en que se celebra propiamente o "Día da Biblioteca".