Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe comeza no Telecentro un curso sobre "Marketing en internet"

21/03/2011

HOXE COMEZA NO TELECENTRO DA REDE CEMIT UN CURSO SOBRE “MARKETING EN INTERNET”

 

 

Luns, 21 de marzo de 2011. Hoxe luns, 21 de marzo, comeza no Telecentro de Tui, integrado na Rede CeMit, un curso de formación denominado “Marketing en Internet” que combina a formación presencial coa actividade on-line.

 

Os trece alumnos inscritos neste curso de carácter gratuíto abordaran temas como web 2.0, marketing relacional nos espazos sociais on-line, ferramentas de publicación e micropublicación, RSS, marcadores sociais, social media plan marketing, etc.

 

Este curso de formación en materias multimedia e audiovisuais forma parte da programación formativa que a Rede CeMit promove a través dos Telecentros

 

Os obxectivos da Rede, integrada por 60 aulas dependentes da Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica, 56 telecentros da Secretaría Xeral de Medios e o CNTG, da Consellería de Traballo e Benestar, son promover o uso das novas tecnoloxías na poboación, en especial naqueles colectivos onde a fenda dixital se fai máis evidente; fomentar a formación entre os profesionais galegos para que sexan capaces de dar resposta ás necesidades, retos e proxectos dos diversos sectores do tecido produtivo relacionados coas TIC; proporcionar plans formativos adecuados ás novas demandas tecnolóxicas, multimedia e audiovisuais; dinamizar as pemes e micropemes, amosándolles as vantaxes da de fomentar o uso das TIC no tecido empresarial e divulgar e capacitar os servizos da Administración Electrónica.

 

Para o Concello de Tui a posta en marcha deste curso formativo nesta aula de formación nas novas tecnoloxías da información e a comunicación que é o Telecentro contribuirá positivamente á formación dos cidadáns tudenses ofrecendo ferramentas de capacitación en material multimedia e audiovisual imprescindibles actualmente para a inserción no mercado laboral. Con estas novas actividades o Telecentro da Rede CeMIT de Tui continúa impulsando actividades de alfabetización e información dixital, unha oferta que agarda ampliarse con novos cursos nun futuro inmediato, como é o caso do curso de xestión de contidos a impartir neste Telecentro na primeira semana de abril.