Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe celébrase o Día Mundial da Atención Temperá

16/06/2021

Hoxe 16 de xuño celébrase o Día da Atención Temperá baixo o lema “Familias e profesionais unidos pola atención temperá”. 

Nesta xornada cómpre lembrar que  dende o 15 de setembro do ano pasado a Mancomunidade do Baixo Miño, conta cun servizo de atención temperá nos concellos de A Guarda, O Rosal, Tomiño e Tui.

Vai dirixida a nenos e nenas de 0 a 6 anos con trastorno do desenvolvemento ou en situación de risco de padecelos, ás familias e á contorna empadroados nos concellos de Tui, A Guarda, O Rosal, e Tomiño.

As persoas interesadas poden ampliar esta información no servizo de atención temperá da Mancomunidade do Baixo Miño, chamando ao teléfono 886 15 61 72 ou a través do correo electrónico atenciontempranamibm@cogami.gal.