Hoxe actuación de Novos Compositores no Conservatorio Profesional de Música de Tui
10/03/2014
Luns, 10 de marzo do 2014 . Hoxe terá lugar ás 20h o concerto de Novos Compositores na Sala de Audicións do Conservatorio Profesional de Música de Tui , onde os alumnos do centro interpretarán composicións propias orixinais , algunhas delas en estreo absoluto.
O concerto, que abranguerá música para piano, acordeón e gaita entre outros, forma parte do programa de conmemoración do bicentenario do nacemento do Pai Salvado que o Concello de Tui organiza con diferentes actividades que se desenvolverán ata o verán.