Facebook Twitter Vimeo Instagram Youtube

Hoxe ábrese o prazo de inscrición no desfile-concurso de Entroido de Tui

1/02/2012

Hoxe ábrese o prazo de inscrición para participar no desfile-concurso de Entroido en Tui que se vai celebrar o martes 21 de febreiro. 

As comparsas ou grupo interesados en participar poden inscribirse hoxe, mañá ou o venres, o ben o luns 6 e martes 7 en horario de 10 a 14h no Departamento de Cultura do Concello de Tui no impreso normalizado para este fin. 

Lembramos que se establecen dúas modalidades: grupos cun mínimo de 12 persoas e un máximo de 20, e comparsas que deberán estar formadas por máis de 25 persoas. Poderán inscribirse so 15 comparsas e 5 grupos, respectando a orde de inscrición coa salvedade de que nunca unha comparsa ou grupo de Tui quedaría fora. 

Ás bases completas pódense consultar no taboleiro de anuncios do Concello e nas páxinas web www.culturatui.info e www.concellotui.org, así como no departamento de Cultura do Concello de Tui.